O Psdeg-Psoe de Ourense celebra que Renfe mellorará a conexión entre Ourense e madrid cun novo servizo alvia á primera hora da mañá

A entidade pública empresarial informou que o no Alvia estará en servizo trala posta en servizo do novo tramo da liña de alta velocidade entre Zamora e Pedralba

Comunicou tamén que as estacións de tren de Ribadavia, O Barco, A Rúa e O Carballiño contarán con asistencia persoal para familiarizar aos viaxeiros coa compra nas máquinas de autoventa

AVANTAR ACTIVIDADES

AUDIO

VIDEO

O deputado, a deputada e o senador no Congreso e Senado, Adolfo Pérez AbellasUxía Tizón e Miguel Bautista, e o secretario provincial, Rafa Villarino, mantiveron hoxe un encontro co presidente de Renfe, Isaías Táboas, a fin de “impulsar e optimizar” os servizos ferroviarios da provincia de Ourense coas outras provincias galegas, así como as conexións de longa distancia hacia o resto do Estado. Na reunión tamén estivo José Luis Cachafeiro, director xeral de operacións.

A operadora ferroviaria informou que, cando entre en servizo o novo tramo da liña de alta velocidade entre Zamora e Pedralba, Ourense contará cun novo servizo Alvia a primeira hora da mañá, que unirá a terceira cidade de Galicia directamente con Madrid, procedente de Pontevedra. Así mesmo anunciou que as estacións de tren de Ribadavia, O Barco, A Rúa e O Carballiño contarán temporalmente con persoal de asistencia, para a axudar na compra de billetes nas máquinas de autoventa. Renfe informou que o servizo Avant entre Ourense, Santiago e A Coruña conta na actualidade cunha das maiores taxas de reposición de servizos de todo o Estado, acadando un 86 % da oferta que existía con anterioridade ao estado de alarma, a pesar de que o aproveitamento neste momento é moi inferior á situación anterior á pandemia. Neste momento o aproveitamento é do 26 % fronte ao 43 % anterior a marzo de 2020.

Os socialistas tamén celebran que Renfe “expresase que entende” o malestar que xenera o custe dos trens Avant en Ourense, en comparación a outros servizos similares que se prestan na comunidade. Neste sentido, a empresa pública sinalou que a fixación dos prezos non está entre as súas competencias ao tratarse de tarifas de trens da denominada “obrigación de servizo público”. Ante esta situación, acordouse que os deputados, deputadas e o senador ourensáns tratarán a homologación destas tarifas directamente co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

O PSdeG-PSOE valora “moi positivamente” o encontro posto que “atoparon receptividade” na dirección de Renfe para “atender unhas demandas e melloras lexítimas” que son necesarias para “poñer en práctica o necesario reequilibrio territorial que precisa Ourense”. O PSdeG-PSOE ourensán destaca, unha vez máis, “o total compromiso coa provincia”, apostando polo traballo, as reunións e a consecución de obxectivos, co fin de “darlle un pulo importante a Ourense e beneficiar a súa veciñanza”, defendendo “sempre a mesma postura desde o goberno ou desde a oposición”.