O PSOE pide o repintado dos pasos de peóns de Ribadavia

O Grupo Municipal Socialista de Ribadavia, presentou onte un escrito no que solicitan o repintado dos pasos de peóns do concello de Ribadavia, tanto os dependentes do mantemento da vía pública do concello como os que dependen doutras administracións.

Explican que o estado no que se atopan de desgaste, fan que a súa visibilidade sexa escasa ou case nula, polo que aseguran que supoñen un risco tanto para os viandantes como para os condutores.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recalcan que a motivación desta petición é ter como prioridade a seguridade dos viais para evitar riscos e graves consecuencias debidas a accidentes por motivos de falta de mantemento.

O Grupo Socialista asegura que levaron a cabo a tarefa do repintado dos pasos de peóns en 2018 e, por responsabilidade, consideran que xa toca darlle un “repaso” aos que están en mal estado.