O Carballiño pecha ocio e cultura e permite o comercio minorista

O Carballiño, O Irixo e Boborás xa están en nivel 3 de alerta, o nivel máximo, con reunións so de persoas convivintes e restricións de mobilidade perimetral no conxunto dos 3 concellos. Mantéñense estas medidas ata novo aviso. Acordase manter as medidas neses tres concellos e pechar todas as actividades que non sexan esenciais é dicir pechar todo o que sexa ocio e cultura.

Esta é unha das novidades do paquete de medidas que entrará en vigor a partir da medianoite de hoxe. Limitase a actividade nos establecementos vinculados a espectáculos públicos e actividades recreativas, co peche de cines, teatros, auditorios, espectáculos deportivos, salas de xogo, pabellóns, recintos deportivos, ximnasios, piscinas, parques multiocio, museos, bibliotecas, restaurantes, bares e ocio infantil.

A medida NON afectará ós establecementos de actividade minorista, que poderán permanecer abertos.