O Psoe de Pereiro de Aguiar doa as retribucións dos concelleiros a protección civil

O PSdeG-PSOE de Pereiro de Aguiar doará, ao concello de Pereiro, toda a contía que perciban ata hoxe, polas dietas e comisións dos catro concelleiros e concelleiras socialistas. O Grupo Municipal Socialista doará 1.360 €, co que pretenden axudar a aqueles que loitan estes días contra o COVID-19, como os Servizos Sociais, e Protección Civil do Concello, para que poidan adquirir mascaras e luvas, e distribuílas como medida de protección, entre á veciñanza de Pereiro de maior risco fronte ao virus, como poboación maior de 65 anos, problemas respiratorios ou asintomáticos.

Os socialistas destacan, a través do seu voceiro, Jorge Gutiérrez, que “nestes momentos tan difíciles de alerta sanitaria, toda axuda e pouca, e todos e todas debemos aportar o que podamos, para que xuntos e unidos freemos e venzamos ao coronavirus”. Con esta doazón os socialistas queren contribuír a que o Concello poida adquirir alimentos ou máis material sanitario como ”mascarillas, luvas, lixivia, ou desinfectantes, para protexer a veciñanza, previndo novos  contaxios, especialmente de fronte ao levantamento graduado do confinamento nas próximas semanas”, explica Gutiérrez, quen tamén apunta que “creemos que a nosa labor é apoiar a nosa xente e por iso decidimos doalo a administración máis próxima a os veciños.

AVANTAR ACTIVIDADES

O grupo municipal dos socialistas de Pereiro de Aguiar, dende o primeiro minuto púxose ao dispor do Goberno municipal e das autoridades, para axudar na loita e evitar a propagación do coronavirus. “Como socialistas optamos dende o minuto un, por unha oposición construtiva e de axuda o grupo de goberno para poder superar todos xuntos as graves consecuencias da crise sanitaria que vive o país”, destacan os socialistas que tamén apuntan “estamos a traballar conxuntamente e con lealdade co goberno, similar o que está facendo a oposición en Portugal”.

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Pereiro, fíxolle chegar telematicamente ao goberno municipal no Concello, diversas propostas e medidas para levar a cabo e tratar de mitigar os efectos da crise sanitaria,  “Estamos en contacto directo”, apunta Jorge Gutiérrez, quen tamén subliña que dende antes que se decretase o estado de alarma “púxenme en contacto co alcalde para traballar xuntos e poder dar solucións os problemas”. Entre outras propostas, solicitaron que as residencias de maiores do municipio, recibisen material sanitario, xa que nos primeiros momentos, “atopábanse con carencias”; o reparto a domicilio de medicamentos e comida as persoas vulnerables; a desinfección e limpeza dos contedores de lixo; o uso do camión baldeador da Deputación para desinfectar as rúas principais; a compra de mascarillas e outro material sanitario para repartir entre os veciños e veciñas, como xa fixo a Garda Civil a os traballadores do Parque Empresarial.

Os socialistas de Pereiro lembran tamén que a través das súas redes sociais, informan diariamente a poboación das novas medidas sanitarias adoptadas polos Gobernos, as liñas de axudas establecidas para os desempregados, autónomos, empresas, e os colectivos máis vulnerables e calquera información que sexa importante para a poboación. “Consideramos que é o momento de traballar e apoiar o traballo das institucións, dos sanitarios e servizos sociais”, finaliza Gutiérrez.