Deporte, música e natureza, nos campamentos “Explora Ourense” e “Natur-Camp”

NaturCamp
Ás -10.00 horas: Campamentos "Explora Ourense" e "Natur-Camp".- Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación dos Campamentos "Explora Ourense" e "Natur-Camp". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; do representante de Sustinea, Paulo Vázquez; e do representante de La Casa de la Música, Fernando Calvo. Enlace: http://depourense.seneca.tv/live.

O complexo turístico do Corgo (Muíños) acollerá este verán, novamente, os campamentos “Explora Ourense” e “Natur-Camp”, que ofrecerán actividades deportivas, culturais, musicais e de natureza aos ourensáns de entre 9 e 17 anos, “nun dos lugares máis emblemáticos da nosa provincia, perfectamente disposto para desenvolver estes eventos con éxito acreditado en todas as anteriores edicións, e con total satisfacción dos usuarios e das persoas que os atenderon”, destacou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na presentación, que tivo lugar hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, onde estivo acompañado polo alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o representante de Sustinea, Paulo Vázquez; e o representante de La Casa de la Música, Fernando Calvo.

Baltar destacou a idoneidade do lugar onde se desenvolven os campamentos, “que mestura auga, sendeirismo e natureza, co interese arquitectónico e patrimonial, sendo un auténtico regalo para os sentidos e para que a xente nova, co asesoramento dos monitores, descubra e sinta ese orgullo ourensán”.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente do goberno provincial dixo que Sustinea e La Casa de la Música son “colaboradores esenciais” para poñer en marcha dous campamentos de verán que son “benvidos logo desta etapa tan difícil” e agradeceu a todos o seu labor para desenvolver estas actividades, que “continuaremos a organizar porque son algo innovador no medio rural, pero tamén a mellor postal dese Ourense que defendemos, un Ourense de auga, natureza e de inmensas posibilidades do noso medio natural”.

“Natur-Camp”

A segunda actividade presentada hoxe foi “Natur-Camp”, un campamento que ofrecerá á mocidade de 12 a 17 anos, un variado programa de actividades culturais e deportivas. “Natur-Camp”, que se celebra por segundo ano, desenvolverase do 25 ao 31 de xullo, en Muíños, para que a mocidade de 12 a 17 anos, ata cubrir as 40 prazas ofertas, poidan realizar as actividades que se planificaron ao redor de dous pilares: no apartado musical con propostas de iniciación ao canto, á guitarra, ao baile moderno, para o que non é necesario ter coñecementos previos, e tamén haberá actividades propias dos campamentos de verán como sendeirismo, actividades náuticas, escola de patinaxe, explicou Fernando Calvo, quen dixo que “será moi divertido e que os rapaces, logo de pasar esta época, están necesitados de relacionarse nun ambiente de natureza, sen esquecer nunca as medidas de protección e seguridade”.

Os interesados en participar poderán inscribirse desde mañá ata o 15 de xullo e poden recollerse os impresos no Rexistro da Deputación ou ben a través da páxina web de La Casa de la Música, e deberán presentalo nas oficinas de Rexistro da Deputación. A cota de inscrición é de 88 euros. En ambos campamentos, se hai máis solicitudes que prazas, procederase a realizar un sorteo.

Máis información: www.casadelamusica.es.