O PP apoia a Protección Civil

O Carballi–o. 10-10-11. Provincia. sede de protecci—n civil no Carballi–o. Foto: xesœs Fari–as

O GRUPO POPULAR SOLICITA QUE O CONCELLO DO CARBALLIÑO, CAMBIE DE POSTURA E SALGA AO RESCATE DA AGRUPACION DE VOLUNTARIOS DE PROTECCION CIVIL, QUE  FAN UN LABOR IMPORTANTE CANDO SE CELEBRAN EVENTOS E ACTIVIDADES NO POBO.

ESTA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS SINTESE NINGUNEADA POLO CONCELLO.

AVANTAR ACTIVIDADES

Solicitar a aprobación en Pleno dos seguintes puntos:

PRIMEIRO:      Que o Concello do Carballiño non renuncie a contar coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e que promova actuacións para que se incremente o número de voluntarios.

SEGUNDO:      Que o Concello do Carballiño manteña o Servizo de Emerxencia Municipal coas prazas creadas na RPT, como exclusivo en materia de Emerxencia.

TERCEIRO: Que O Concello do Carballiño marque fórmulas de colaboración entre o Grupo Emerxencias Municipal e a propia Agrupación de voluntarios de Protección Civil.

A agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Carballiño, está en funcionamento sen interrupción no tempo, dende o ano 1983, sendo o Concello do Carballiño, pioneiro en Toda Galicia en contar con este tipo de agrupación que fan unha labor encomiable en prol da seguridade e a prevención entre a poboación.

Esta Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tivo o seu maior impacto entre a poboación entre a súa creación ata finais dos anos 90.

Foi logo, cando o denominado GRUMIR (Grupo de intervención Rápida) que era financiado primeiro pola Xunta de Galicia e en varios anos coa colaboración do propio Concello, a propia Agrupación de Voluntarios comezou a minguar por razón de que os voluntarios estaban a ver que os do GRUMIR cobraban polo seu traballo e viñan sempre sendo os mesmos os que se contrataban, feito que desmotivou a moitos voluntarios.

Fai uns anos, cando as persoas que pertencían ao GRUMIR conseguen por sentenza, pasar a ser persoal indefinido do Concello do Carballiño, decídese e con bo criterio, pois estabamos un momento de máximas carencias en canto a seguridade xa que aínda non se abrira o Parque Intercomarcal de Bombeiros, crear o denominado GRUPO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS.

Na actualidade, dáse a seguinte circunstancia: O GRUPO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS, que conta según a RPT con 11 prazas das que están operativas 10 e as súas funcións non son sempre as relacionadas coa seguridade e a emerxencia, senón que en ocasións, e non poucas, están a facer labores de brigadas de obras, de feito, xa non se fan turnos de noite como se viña facendo.

Mentres tanto a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballiño, segue a mermar porque non se conta con eles e cando se conta, non teñen o trato que deberían de ter por parte do Concello.

Temos noticias de que recentemente se lle traslada á agrupación de Voluntarios de protección Civil que non se está en disposición dende o Concello, ou alomenos que xera dúbidas, o feito de pagar ou non o seguro que os voluntarios teñen que ter, e que sempre foi abonado por parte do Concello.

En definitiva, toda a seguridade contratada de forma estable e continua que temos no noso territorio, tanto o Grupo Municipal de Emerxencias e incluso poderíamos decir que o Parque Intercomarcal de Bombeiro, nacen gracias o labor feito xa fai moitos anos por un grupo de persoas que de xeito entusiasmado puxeron a andar a Agrupación de Voluntarios de protección Civil do Carballiño. E máis, cando neste pleno deberíamos estar pensando en homenaxear a unha persoa como Juan Miguez que é a gran referencia de Protección Civil en Galicia e que se mantén ao fronte de esta agrupación dende moitos anos, o que estamos é a poñer de manifesto, que debemos de sacar un acordo que reafirme a necesidade de manter esta agrupación de voluntarios.

Sabemos que a relación entre o Grupo de Voluntarios e o Grupo Municipal de Emerxencias non pasa por un bo momento, pois según nos consta, os voluntarios vense ninguneados e desprezados polo Grupo municipal de emerxencia, o que fai en moitos casos difícil a relación, e tendo en conta que o propio Goberno municipal non sae en defensa dos voluntarios, fai que estes esteen a piques de abandonar a agrupación e deixala desaparecer.

Temos que ter en conta ademais que a inmensa maioría do material de protección persoal, material técnico, e de transporte corresponde a súa titularidade á agrupación de voluntarios, pois soen ser cesións doutras administracións á propia Agrupación de Voluntarios, e o Concello, na actualidade, estase a beneficiar desto, pois quen o está a utilizar é o Grupo Municipal de Emerxencias.

Como responsables ante a veciñanza do Carballiño, o pleno do Concello debe de tomar un acordo que reforce a presencia e ademais impulse maior participación da agrupación de voluntarios de Protección Civil, que seguen sendo unha peza fundamental no sistema de seguridade, protección e prevención de situacións de risco no noso pobo. E se debe tamén de procurar que o persoal que na RPT está designado  a emerxencias o siga facendo en exclusiva, e non ser unha brigada máis de obras, e como non, procurar un acordo de colaboración tanto de uso de materiais como de asistencias a operativos entre o Grupo Municipal de Emerxencias e a agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Carballiño.