O Irixo leva os seus produtos locais a Xantar, cun stand e un restaurante

O concello do Irixo, da man da súa marca comercial, levará o mellor dos produtores locais ó evento gastronómico Xantar, emblemático neste sector a nivel nacional e internacional. Será a primeira vez para o concello, que participará non so como stand para amosar os produtos, se non tamén como restaurante para poder degustalos.

Esta iniciativa naceu a partir do éxito que tivo a marcketplace Marca O Irixo, que nun comezo pretendía dar a coñecer os produtos locais e foi ampliando o seu alcance inicial.

AVANTAR ACTIVIDADES

Deste xeito, amosarán todo o seu potencial, participando tamén con dous menús íntegros de materia prima local. O alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, falounos máis en detalle deles.


VIDEO SPOT O IRIXO en BADAL TV