Perea critica a decisión do Concello sobre a Festa do Pulpo

IES CHAMOSO LAMAS

O PP CRITICA O ANUNCIO FEITO POLO CONCELLO SOBRE A REALIZACIÓN DA FESTA DO PULPO SEN CONCRECIÓN O QUE ESTÁ A FACER UN DANO SEN PRECEDENTES Á PROPIA FESTA.

Estáselle facendo un dano importante á Festa do Pulpo cando se solta a idea sen presentar un plan concreto que se poida divulgar para facer ver da nosa festa unha festa segura no caso de que se poida celebrar. Non existe un plan de actividades posibles que contemplen un primeiro informe sanitario e de seguridade.

HIPER MASIDE

VIDEO

O PP dubida do criterio sanitario deste concello que a estas alturas non deu posto en orde as dependencias municipais con seguridade para os traballadores; nin creou un protocoloco para aperturar instalacións como o auditorio.

Incluso antes de falar da Festa do Pulpo, deberíase de concretar que se vai a facer con actividades anteriores como o entroido de verán ou a Festa da Liorta, a apertura das piscinas entre outras. 

A improvisación nun momento como o que estamos a vivir é a peor ferramenta. O Concello do Carballiño, segue a dar bandazos na súa liña de soltar ideas ao aire sen ter feito un mínimo traballo que garanta as propostas que fai. Por iso, o PP, segue reclamando que se constituía a comisión municipal do COVID19.