A consellería do medio rural permite as queimas agrícolas cuxos permisos se tramitaron desde o pasado mércores

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Medio Rural tomou esta decisión ao cambiar o tempo seco que provocou no seu momento a decisión de suspender as queimas ante o elevado risco de incendios e en aplicación da normativa que o permite para reducir esa posibilidade.

A Xunta informa de que os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a citada normativa -de prevención e defensa contra os incendios forestais- deberán comunicalo dous días antes.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No caso de queimas de restos forestais amoreados, non basta coa comunicación, hai que solicitar unha autorización, debido ao risco que leva. De todos os xeitos, autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------