O Irixo potenciará as súas igrexas con nova sinalización

O Concello do Irixo sinalará as súas 12 igrexas este mes. O alcalde, Manuel Cerdeira, afirma que este proxecto conta co apoio económico da Axencia Turismo de Galicia cun orzamento de preto de 33.000 euros.

Trátase da colocación de preto de 50 sinais, a maioría dela colocadas nas principais vías de acceso indicando o enderezo e tamén paneis informativos xunto a cada unha das 12 igrexas nos que se recollerá ampla información sobre a data de construción, características e estilo arquitectónico.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con esta intervención, os responsables municipais buscan poñer en valor o patrimonio histórico e monumental no que as igrexas teñen un importante peso neste Concello.


VIDEO SPOT O IRIXO en BADAL TV