Leiro xa se sitúa en datos previos a grave situación vivida na terceira vaga, con 8 casos activos hoxe

O número de afectados no concello de Leiro pasa dos 13 de onte ós 8 de hoxe, cunha baixada de cinco casos. A situación comezou a remitir a pasada semana e rexistrouse o pico máximo o día 30 de xaneiro, con 87 casos.

Ribadavia presenta hoxe 16 casos activos, un máis ca na xornada de onte. Ribadavia presentou o seu pico máximo o 27 de xaneiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello de Melón baixa un caso ata os 3 contaxios. Avión mantén 7 casos activos e Beade mantén 4 casos. Cenlle baixa tamén un ata os 2 casos activos e Arnoia conta con 3 casos. Carballeda de Avia conta cun so contaxio e  Castrelo de Miño baixa un caso activo para estar libre de coronavirus, xunto con Cortegada.