CxG de Punxín abandona o pleno e alerta de tensións de goberno ca marcha do tenente alcalde

O voceiro da formación de Compromiso por Galicia en Punxín amosou hoxe en rolda de prensa a situación política que hai actualmente en Punxín. No último pleno fíxose efectivo o abandono do tenente alcalde, concelleiro de Ciudadanos que daba apoio ó goberno do PP.

Eladio Fernández considera que ca situación que se plantexa agora, haberá moitas tensións no pleno. Critican a situación que se está a vivir e anunciou a súa protesta pola cancelación do pleno ordinario que tocaba e a convocatoria dun extraordinario ca mesma orde do día, e que se celebrou esta mañá. Eladio, cumprindo o que anunciou, marchou do pleno.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concelleiro de Compromiso por Galicia en Punxín denunciou este feito calificándoo de “atentado a democracia por parte do Goberno local, utilizando tácticas dilatorias por non convocar os pleno ordinario correspondente, cando levan 4 meses sen comparecer”.

Declaracións do voceiro de Compromiso por Galicia no pleno extraordinario celebrado hoxe no concello de Punxín.

Compromiso por Galicia asegura que o Alcalde de Punxín  ven a demostrar con estas actitudes antidemocráticas que está preso dun mal goberno bipartito co ex de Ciudadanos, “afogado por os séus propios veciños con escritos diarios firmados dando queixa da mala xestión, e con serias discrepancias dentro do Goberno, sirva como exemplo a dimisión do 2º Tenente Alcalde, Jesús Carballeda Capa”. 

PUBLICIDADE