O concello de Maside celebra esta fin de semana as festas do San Vitorio

IES CHAMOSO LAMAS

O concello de Maside celebrará esta fin de semana as súas festas patronais máis importantes, as do San Vitorio 2022. Xa dende a pasada semana comezaron as actividades. Hoxe xoves, rematará o ciclo de cine de verán, co filme “Bella e o circo máxico”. A proxección será ás 22:00 horas, na Praza Maior.

O venres, música con Castro Bello e ás 23:30 horas comezará a Noite de Música e Troula a cargo da Banda de Balbina. O sábado día grande co desfile da Banda de Música de Boborás e ás 12:00 horas misa solemne con procesión.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Pola tarde, comezará a Feira de Artesanía Infantil e o partido de fútbol entre o Maside e o Arenteiro B. Pola noite, orquestras Athens e Charleston Big Band. Á media noite, gran tirada de fogos artificiais. O domingo, misa e procesión ca Banda de Música de Ramiras. E pola noite, orquestras Alkar e Gran Parada.

O luns, nesta última xornada festiva, celebrarase a Romaría da Rañoa cos concertos de Amanda Von Blank, El Sueño de Ítaca e The Impossiblues. Ás 00.00 horas, sesión de lume para poñer o broche de ouro a estas festas.