O PSOE pide ó concello de Leiro información actual da pandemia

O voceiro socialista, Manuel Rodríguez, asegura que está esperando a resposta do concello ante a súa petición de xuntanza de portavoces urxente, ca intención de que o alcalde informe de cómo está a situación da Covid-19 no municipio para evitar rumores e falsas novas. Tamén consideran que pode ser unha opción para consensuar novas medidas preventivas, como algunhas das que xa presentaron no último pleno, que inclúen a desinfección por parte do servizo municipal en espazos públicos e preto dos puntos conflitivos ou recordar ós veciños as recomendacións de Sanidade.