A Plataforma Berán no Camiño pide o apoio do concello para a conservación do trazado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O próximo ano 2021 celébrase o ano santo Xacobeo, evento de gran importancia, relixiosa, cultural, social e económica. As diversas rutas xacobeas configúranse coma alternativa real de desenvolvemento, que as diversas administracións deberán fomentar, xa que poden ser ferramentas esenciais para que as entidades non morran e sirvan coma alicate para evitar o despoboamento e o esmorecemento social e económico.

Dende a Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro e Berán no Camiño propoñen que, tendo en conta esta importancia, e os documentos históricos que o avalan, Berán sexa recoñecido como parte do trazado inicial na Vía Xacobea Geira-Arrieiro, para cando a Xunta faga oficial a ruta do Camiño Miñoto. Na actualidade xa conta co recoñecemento do Arcebispado de Compostela, que a considera ruta eclesiástica.

COMERCIAL ORCELLÓN

Piden tamén a ratificación por parte da Entidade Local Menor de Berán da adhesión que dita administración outorgou ó proxecto presentado pola asociación, e que ese apoio quede plasmado ca colaboración no mantemento e conservación do trazado e o seu paso pola parroquia de Berán; o respaldo económico e político representativo no tocante ós eventos de promoción que se desenvolvan e a creación dunha mesa de traballo na que participe a Entidade, a Asociaicón e a Plataforma.

Estas peticións foron trasladadas á Entidade para que se leve a debate no próximo pleno.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------