O concello defende que o Plan de Emprego presentouse en tempo e forma

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A oposición do Carballiño criticaba fai uns días que para o ano próximo, o coñecido como Carbaemprega, o Plan Integrado de Emprego, non se celebraría. Dende Espazo Común aseguraban que pedirían información de por qué foi rexeitada a proposta pola Xunta de Galicia e de quen é a responsabilidade. O concelleiro de Promoción Económica, Manuel Dacal, asegurou hoxe que no mes de marzo, o concello presentou a proposta en tempo e forma. Recalca que a resposta foi rexeitada, e que quedaron fora as propostas das provincias de Lugo e Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Plan Integrado de Emprego deste ano aínda segue en marcha. Contou con formación en informática, manipulación de alimentos e de carretilla elevadora, atención sociosanitaria, márketing e atención ó cliente. Debido ó confinamento, a parte práctica quedou suspendida e aínda seguen en marcha. En soldadura están traballando 43 alumnos.

O primeiro plan, no 2017, contou con 60 alumnos dos que toparon emprego 41; no 2018, participaron 85 persoas e toparon traballo 50 e este ano hai 100 participantes dos que xa teñen traballo 45.