O concello do Carballiño leva xa tres días de baixada de casos activos, o que significa que, aínda que haxa novos contaxios día a día, as altas supoñen un número maior. Seguindo ca boa tónica desta fin de semana, hoxe hai dous casos activos menos, deixando un total de 166.

O concello de Boborás é o outro foco máis preocupante, aínda que os últimos días tamén tiveron un descenso de 5 casos activos, ata situarse nos 27. O foco que máis preocupa na xornada de hoxe é o de San Cristovo de Cea, que subiu esta fin de semana dos 10 casos ós 19.

Os demais concellos mantéñense estables. Beariz queda con 6 casos, O Irixo con 5, Maside con 3, Piñor con 1, Punxín 3 e San Amaro atópase libre de coronavirus.