O Carballiño e Boborás seguen o rítmo de baixada de casos. Cea mantense estable

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nos últimos días o número de persoas infectadas pola Covid baixou en 31 persoas, un 16,5%, pasando das 188 ás 157 de hoxe, o que da conta do resultado das medidas tomadas no Carballiño. En concreto, hoxe hai 9 persoas menos ca onte infectadas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende a implantación destas medidas, produciuse unha continuada baixada no número de contaxios, así como de suba das altas tras superar a enfermidade, polo que se confirma a paulatina mellora da situación no Carballiño.

Por isto, dende o concello pídese á veciñanza proseguir na mesma liña de responsabilidade e prevención ata conseguir vencer ao coronavirus, polo que, pese a esta mellora que se percibe, e que se valora moi positivamente, non hai que baixar a garda en ningún momento e respectar na súa totalidade as normas impostas.

O concello de Boborás é o outro foco preocupante, aínda que os últimos días tamén tiveron un descenso, hoxe baixa outros dous casos, dos 27 ós 25. San Cristovo de Cea tamén se mantén estable, nos 19 de onte.

Beariz quédase nos 6 casos, Maside nos 3, Piñor conta con un caso e Punxín con 3. O Irixo baixa un caso, dos 5 ós 4 e San Amaro conta cun caso activo.