Os centros educativos rematan a celebración das Letras Galegas

Dous obradoiros nos centros educativos Calvo Sotelo e Vila do Arenteiro, que tiveron lugar onte e hoxe, respectivamente, poñen o colofón ás actividades escolares desenvolvidas polo Servizo de Normalización Lingüística da área de Educación do concello, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, aprazado para este mes de outubro pola Real Academia Galega.

En concreto, onte tivo lugar o obradoiro Ernestina Otero, semente de igualdade, semente de liberdade. Este obradoiro creativo que mestura a arte de contar contos coa arte de ilustralos e pintalos, estivo dirixido ao alumnado de 5 anos do CEIP Calvo Sotelo.

AVANTAR ACTIVIDADES

E hoxe desenvolvouse outro obradoiro de taboleiros medievais no CPR Vila do Arenteiro  para alumnado de 3º da ESO,  no que se coñeceu como se entretiñan e a que xogaban os/as nenos/as (e non tanto) na Idade Media, e como esa pegada quedou plasmada no legado artístico da comarca.

Así mesmo, seguen a repartirse 3.000 marcapáxinas entre escolares e veciños, en conmemoración de Ricardo Carballo Calero, a quen se lle adicou este ano o Día das Letras Galegas.