A celebración do Día Mundial da Poesía e da Árbore na Ínsua dos Poetas aprázase ao 28 de marzo pola ameaza de temporal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As previsións meteorolóxicas para a xornada de mañá, con abundante choiva e ventos de velocidade superior aos 25 km/h. motivaron adiar a celebración do Día Mundial da Árbore e da Poesía ao vindeiro venres, 28 de marzo, que estaba prevista na Ínsua dos Poetas co patrocinio da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, así como a colaboración do Concello do Carballiño. Deste xeito, os estudantes dos centros de ensino da comarca serán citados de novo na semana vindeira para asistir a esta festa cultural de exaltación da primavera, que cada ano ten lugar nesta paraxe natural situada na Esgueva, na parroquia carballiñesa de Madarnás,

O programa previsto para festexar o Día Mundial da Poesía e da Árbore na Insua dos Poetas dará comezo ás 11,00 horas coa recepción dos centros de ensino da contorna, que achegarán a este espazo cultural a máis de 300 alumnos. O  alumnado recitará poemas dos autores máis relevantes da literatura galega e a organización entregaralles lotes de libros como agasallo conmemorativo desta data. No remate do acto, os participantes interpretarán o Himno de Galicia e os estudantes levarán a cabo a plantación de diversas prantas de árbores autóctonas na paraxe natural da Ínsúa dos Poetas.

O Día Mundial da Poesía é unha iniciativa da Unesco, impulsada en 1999, que se comezou a celebrar en todo o mundo a partir do 2000. Dende 2012, a Fundación Insua dos Poetas celebra cada 21 de marzo esta data nesta área natural da Esgueva, sempre co protagonismo do alumnado da comarca.