Ana Pontón avoga por conceder liñas de axuda específicas para produtores e adegas do Ribeiro

O parón económico da crise do coronavirus fixo que baixara drásticamente a comercialización dos viños do Ribeiro no canal HORECA (hoteis, restaurantes e cafeterías). A candidata á presidencia da Xunta de Galicia avoga por ofrecer líneas de axuda específicas para este sector.

AVANTAR ACTIVIDADES

Asemade, tal e como xa apuntou a candidata pola provincia de Ourense, Noa Presas, o pasado venres dende o balneario de Berán, Pontón salientou o enorme potencial termal que temos e a necesidade de dinamizalo para que despegue por fin como motor económico.

Ana Pontón, entrevistada neste medio, fixo referencia tamén á necesidade de mellorar o centro de Saúde de Ribadavia así como a cobertura dos centros de día, coma por exemplo en Cenlle.