A Policía pide cumprir as medidas na venda para levar dos bares

Despois de que a xefatura da Policía Local emitira un escrito á subdelegación preguntando polo protocolo a seguir nestes casos, informan de que a venda para levar está permitida, sempre e cando os bares establezan un protocolo mediante o cal os clientes non entren no interior do local. Deste xeito, os propietarios dos locais deben evitar que haxa agrupacións de xente tanto nos interiores dos locais coma nos exteriores, xa que a medida pretende evitar precisamente esas reunións.

Consideran que a situación está bastante controlada, a pesar de que recibiron algunha queixa ou denuncia por este tipo de sucesos nos últimos días.

AVANTAR ACTIVIDADES