Os deputados ourensáns reclaman a RENFE o inmediato restablecemento dol tren Avant das 6,45 entre Ourense, Santiago e A Coruña

Ana Vázquez e Celso Delgado entenden insostible que despois do estado de alarma pola Covid-19 e unha vez recuperada a actividade laboral, funcionarial, universitaria, comercial, xudicial, etc., se prive aos ourensáns da única posibilidade de chegar por vía ferroviaria aos seus traballos ou actividades na capital de Galicia ou na cidade herculina.

Os deputados ourensáns do PP no Congreso, Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado, presentaron varias iniciativas nas que reclaman a RENFE o restablecemento inmediato do tren Avant que saía de Ourense ás 6.45 horas con destino a Santiago de Compostela e A Coruña, conexión vital para atender as necesidades de mobilidade de funcionarios, estudantes, profesionais, traballadores e demais usuarios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os deputados populares entenden insostible que despois do estado de alarma pola Covid-19 e unha vez recuperada a actividade laboral, funcionarial, universitaria, comercial, xudicial, etc., se prive aos ourensáns da única posibilidade de chegar por vía ferroviaria aos seus traballos ou actividades na capital de Galicia ou na cidade herculina.

A alternativa aos 38 minutos de viaxe por ferrocarril a Santiago son máis de 70 minutos en coche particular, e no caso da Coruña non baixa dos 100 minutos no mellor dos casos.

Lembran que ademais hai moitos ourensáns que deben acudir a hospitais desas cidades para recibir tratamentos ou pasar consulta e que se están vendo moi prexudicados por unha decisión de RENFE, na que prima a rendibilidade económica sobre a utilidade pública.

Precisamente mañá, na Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a iniciativa do grupo parlamentario popular, debaterase unha proposición non de Lei sobre a recuperación de todos os servizos ferroviarios que RENFE viña prestando ata a declaración do estado de alarma polo Covid-19.

“Estamos ante unha problemática que se está deixando sentir en toda España, e o caso deste tren de Ourense é un dos máis claros”, lamentaron os deputados.