Que por medio deste escrito vimos presentar denuncia, en materia de prevención de riscos laborais, contra a delegación territorial da Axencla Tributaria de Galiza en Ourense, rúa Progreso, 38, entrechán, 32003 Ourense, por incumprimentos en materia de prevención de riscos laborals e do dereito da représentación sindical para o seu persoal que deselvolve funcións neste centro administrativ.
FEITOS
A nivel xeral no centro de traballo que ocupa a Delegación Territorial da Axencia Tributaria de Galicia en Ourense (ATRIGA) situada la rúa Progreso, 38, entrechan e co telefono de contacto 988 68 70 00, traballan simultáneamente nestes momentos máis de 45 empregados/as. A atención ao público faise mediante o sistema de cita previa; o persoal esta ubicado en tres espazos do entrechán, con algúns cubiculos individuais, pero non contan con ventilación natural e, non hai hoxe persoal na modalidade de teletrallo por Covid como medida organizativa previa a calquera outra para a prevencion do virus.
Segundo.- Limitación do dereito acceso para representación.
O venres día 23
de outubro as 11:00 h aprox. os
delegados de persoal Xurxo Novoa e Zeltia Burgos (asinantes desta denuncia) presentámonos neste centro administrativo co fin de realizar unha visita ordinaria ao persoal ademais de comprobar a cantidade de xente que traballa simultáneamente e asmedidas
preventivas fronte ao coronavirus. Coñecendo o
centro e a sua dificultada espacial presentamonos nun dos
períodos de descanso para café,
porén o delegado
territorial Jose Luis Gutiérrrez Rodríguez prohibiunos o acceso ao centro de traballo empregando como argumento a falta de cita previa e que podíamos “contaxiar ao persoal”.
Asi declaramos que traballo que estamos a exercer como representantes facemolo cumplindo todas as medidas de precaución esixidas para o resto do persoal traballador, coidamos de forma especial o material que se pendura nos taboleiros, somos escrupulosos coa hixiene persoal e na medida que o centro o permita non nos achegarnos a 2 metros dos compañeiros/as evitando as visitas “un a un”.
Destacar a negativa de informacion xeral a representación do persoal por parte da consellería de Facenda que non reúne ao seu Comité de Seguridade e Saude Laboral, non informa das medidas preventivas (organizativas, sistemas ventilacion…) nin dos posibles positivos/as.
Terceiro.- Segundo ternos coñecemento a día de hoxe o persoal empregado público aínda non foi informado nin formado nas medidas que ten que tomar para protexerse e protexer as persoas usuarias fronte o Covid19 ou as que fixo ola responsable de centro para a sua protección, non se fixo ou descoñece no seu caso, a Avaliación de riscos laborais ao risco biolóxico do Covid 19 do centro referido polo que non se lle están a aplicar as medidas preventivas que del deriven
se é o caso, e non se esta a dotar de material para a sua protección neste ámbito laboral e no exercicio das suas funcións especificas, nin sequera das máscaras de protección.
Así a Xunta esta a incumprir claramente o seu deber de protección como empregadora que implica que debe garantir a seguridade e a saúde das persoas traballadoras ao seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo que están baixo o seu ámbito de dirección e control. A delegacion territorial de ATRIGA debería adoptar aquetas medidas preventivas de carácter colectivo ou individual que sexan indicadas polo servizo prevención de acordo coa Avaliación de riscos, tendo en conta o tipo de actividade, e as propias características do centro de traballo.
O Real Decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores que polo seu traballo están ou poden estar expostos a axentes biolóxicos, no seu art.
4.2, recolle que o empresario deberá repetir a avaliación cada vez que se produza un cambio nas condicións que poida afectar á exposición dos traballadores/as a axentes biolóxicos. Ternos dubidas que de existir tal avaliacion este prevista a categoría e nivel de risco actual do virus.
Con motivo
da emerxencia sanitaria pota epidemia de Coronavirus COVID-19 e ante a insuficiencia da adopción de medidas preventivas específicas adoptadas,
especialmente aquetas relativas á utilización de Equipas de Protección Individual
(EPis), o cadro de persoal está a sofrer unha exposición innecesaria ao propio risco biolóxico pero tamén, unha situación de estrés emocional e ansiedade ao verse expostos a un risco grave, inminente e descoñecido ante o que se senten totalmente desprotexidos no ámbito laboral; o cal debilita e pon en serio risco as condicións de saúde das persoas traballadoras.
A norma que regula os EPis é o REAL DECRETO 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual, especifica entre outros os seguintes requirimentos dirixidos ao empresario:
– Analizar e avaliar os riscos existentes que non poidan evitarse ou limitarse suficientemente por outros medios. Definir as características que deberán reunir os equipos de protección individual para garantir a súa función e comparar as características dos equipos de protección individual existentes no mercado.
– Determinar os postas que requiren EPis, elixir os máis axeitados, proporcionales de maneira gratuita, velar por que se utilicen de maneira correcta e asegurar o seu mantemento.
O Real Decreto-leí 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no seu artigo 7 sinala con respecto aos centros de traballo:
“1. Sen prexuízo do cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais e do resto da normativa laboral que resulte de aplicación, o titular da actividade económica ou, no seu caso, o director dos centros e entidades, deberá:
e) Adaptar as condicións de traballo, incluida a ordenación dos postas de traballo e a organización das quendas, así como o uso dos lugares comúns de forma que se garanta o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal mínima de 1,5 metros entre os traballadores. Cando iso non sexa posible, deberá proporcionarse aos traballadores equipos de protección adecuados ao nivel de risco.”
Cuarto.- Distancias e Ventilación:
Neste centro
de traballo colocaronse anteparos
ou biombos e algúns
son despachos individuais pero non hai ventilación natural.
Descoñecemos si se poden abrir as ventanas (si se executaron obras) e si a ventilación forzada e os seus
sistemas son correctos e eficientes en base a normativa para a protección de aerosois fronte o virus que provoca
a Covid 19. Preocupa especialmente a ‘posibilidade de contaxio por aerosois dada a baixa altura do teito e a grande cantidade de público que acolle
(a pesar de que hoxe non hai xa
saa de espera polo sistema de cita previa).
Así nos servizos (WC) do persoal
descoñecemos se teñen ventilación específica,
información do uso da
cisterna, secadores de mans, etc e que cumpran
a normativa.
Preocupa a capacidade de renovación do aire tanto nas salas de postas de traballo como nas salas de reunións ou despachos.
Existe a obrigatoriedade de levar máscara por parte do persoal xa que hai multitude de equipamentos comúns (fotocopiadoras, salas de reunion, arquivos, almacéns…), aténdese ao público, compártense instalacións, servizos e nos accesos e percorridos non se garante a distancia requirida e preocupa que o delegado territorial non esta a proporcionar as máscaras ao persoal e adecuadas aos usuarios/as tamen para prever o contaxio por aerosois.
Quinto.- Falla de Medidas Organizativas: A día de hoxe o persoal está incorporada ao traballo presencial sen medidas organizativas como o teletraballo que busquen a mínima coincidencia do persoal no centro.
SOLICITO:
Se inste á empresa a adoptar con carácter inmediato ás medidas de prevención e protección colectiva e individual axeitadas, entre as que entendemos deben
considerarse as seguintes:
• Organizar o traballo de modo que se reduza o máis posible o número de persoas traballadoras expostas posibilitando o teletraballo mediante quendas organizadas consensuadas co persoal.
2°. Dotar ao persoal de máscaras cirúrxicas ou se é o caso máscaras
FFP2/FFP3, e instruccións para o seu uso adecuado.
3°. Control e revisión dos sistemas de aireación e ventilación que garantan a baixa concentración de aerosois minimizando o contaxio. Para o computo dos m3·/s renovables e disponible debe terse en consideracion a hora punta con máximos de persoal e usuarios/as.
4°. Adoptar medidas específicas para as persoas traballadoras especialmente sensibles (grupos de risco), suposto no que entendemos non é aceptable a presenza física no lugar de traballo cando é compartido por un número importante de persoal e usuarios/as, e moito menos a atención a público cos indices de positivos que ten hoxe a cidade de Ourense.
5°. Dispoñer os medios
suficientes e axeltados para posibilitar as
medidas hixiénicas recomendadas polas
autoridades sanitarias (xel hidroalcólico, porductos de desinfeccións…) asi como protocolos de
desinfección e limpeza do centro especificando a persoa/s responsables da tarefa, periodicidade, etc.
Asr as cousas, atendendo á situación que eiqur denunciamos, solicitamos que dende a Inspección de Traballo e Seguridade Social se inste a empresa a cumprir de xeito inmediato coa súa obrigación legal de protección da saúde e a seguridade das persoas traballadoras e persoas usuarias e que garanta o dereito de representacion do persoal, segundo a normativa vixente.
Ourense, 27 de outubro
de 2020
Así as causas, atendendo á situación que eiquí denunciamos, solicitamos que dende a Inspección de Traballo e Seguridade Social, Ministerio de Sanidade e Delegación de Goberno se inste a empresa a cumprir de xeito inmediato coa súa obrigación legal de protección da saúde e a seguridade das persoas traballadoras e persoas usuarias e que garanta o dereito de representacion do persoal deste centro de traballo, segundo a normativa vixente.