O Bng de Cenlle solicita ao goberno que se lle pidan explicación ao Sergas polo cambio de horario na apertura do Centro de Saúde de Barbantes

A apertura do Centro de Saúde de Barbantes xa é un feito, máis dende o BNG de Cenlle vemos que isto dista moito de dar un servizo accesíbel e de calidade.

Dende este grupo municipal solicitamos ao goberno que se lle pidan explicación ao Sergas polo cambio de horario, o cal descoñecían. Entendemos que o grupo de goberno debe manter unha comunicación fluida co Sergas para poder trasladar a información de forma transparente, así como poder negociar medidas en prol da veciñanza. Desentenderse e deixar facer para así eludir responsabilidades non é o camiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

A actual situación do Centro de Saúde ofrece un servizo precario. Así pois defendemos a instalación dun espazo cuberto, en ambos Centros de Saúde, para que os veciños á espera non teñan que soportar as inclemencias do tempo, xa que agora se atopan a intemperie. Por outra banda cremos que se debería sinalizar   as   paradas   de   bus   de   forma   clara,   na   que   se especifiquen uns horarios que o Concello debería tratar de coordinar co Sergas para que se acomoden ao do Centro de Saúde. Con isto evitaríase que a veciñanza se vexa na obriga de longas esperas ou depender de xuntarse en coches particulares.

Dar un servizo sanitario de calidade non consiste únicamente en abrir un Centro de Saúde. Conleva esixir unha xestión coordinada e eficiente de mobilidade e horarios, e pór á disposición da veciñanza acceso e información clara e pertinente dos servizos.