Santián, en Maside, estrea un banco para atraer turismo

Os veciños da localidade de Santián, no concello de Maside, uníronse a moda doutras localidades galegas que presumen do seu patrimonio cun dos “bancos máis bonitos do mundo”. Crearon este banco ca pretensión de ser un atractivo turístico para a zona.

A idea partiu dun veciño e un equipo da brigada municipal de obras de Maside encargouse da nivelación e posterior acondicionamento do enclave elixido polos veciños, ubicado na marxe esquerda da estrada de aproximadamente 5 quilómetros que une O Carballiño co  núcleo de Treboedo, tamén pertencente a Maside.

AVANTAR ACTIVIDADES

Conta ademais con dous paneis informativos con sinais indicando as distancias entre Santián e outras vilas da contorna e cidades da comarca e da provincia, do resto de España e mesmo do estranxeiro, como Porto, Londres, Mónaco ou Panamá, entre outras.

Agora, esperan que esta novidade faga que a xente se aproxime ata este lugar para desfrutar do entorno natural e tomar algunha fotografía.