A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe, na reunión celebrada por videoconferencia, preto de 100.000 € en achegas para entidades e concellos. Entre elas a Asociación coro de cámara Música Viva (2.350 €), Asociación cultural ecolóxico educativa Arteficial (3.935 €), Asociación cultural Tiruleque grupo (2.000 €), Asociación Orfeón do Carballiño (4.000 €), Concello de Castrelo de Miño (1.706 €), Concello do Carballiño (1.775 €). A Xunta de Goberno acordou ampliar o prazo xeral de xustificación destas subvencións ata o 15 de decembro de 2020, e ordenou a publicación do acordo de resolución no BOP e na sede electrónica da Deputación de Ourense.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade