Carballiño e Maside esperan unha reunión ca Xunta polo parque empresarial

Os concellos de Carballiño e Maside levan xa varias reunións para a creación dun parque empresarial conxunto, que pretendería solucionar os problemas de falla de solo no Carballiño e falla de polígono industrial en Maside.

Publicidade

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, asegura que nestes momentos hai un problema no caso de unha empresa quixera asentarse no municipio. Pola súa parte, Maside tamén se vería beneficiada, xa que situación actual vense obrigados a facer modificacións urbanísticas puntuais cando unha empresa desexa ampliar as instalacións.

O proxecto contempla unha superficie de 70 hectáreas, na súa maioría en terreo municipal masidao. Actualmente xa asinaron o convenio, pero están á espera de manter unha reunión cos responsables da Xunta de Galicia.