O BNG denuncia que ao persoal do guindastre municipal se lle adebeda a día de hoxe a nómina do mes de marzo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Segundo a Formación nacionalista, a empresa concesionaria do Servizo (Doal) alega que os impagos por parte do Concello de Ourense impídenlle facer fronte ás nóminas do persoal. O BNG urxe explicacións ao Goberno Jácome e unha “rápida solución” 

Ourense, 08 de abril de 2026. O Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense compareceu esta mañá en rolda de prensa para denunciar públicamente a situación na que actualmente se atopa o Servizo municipal do guindastre e máis concretamente o seu persoal. O Portavoz dos nacionalistas Luís Seara, comezou a súa intervención sinalando que “o tempo é un xuíz tan sabio que non sentenza de inmediato, pero ao remate da a razón a quen a ten”.

Seara lembrou que xa desde o BNG alertaron no seu momento das consecuencias que a supresión do Servizo da ORA ía ter tanto desde o punto de vista económico como da mobilidade na cidade no seu conxunto así como da situación de “absoluta precariedade” na que se atopa o Servizo de guindastre, prestado pola mesma empresa concesionaria, Doal (antiga Vendex).


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Seara explicitou que “hoxe queremos denunciar que as traballadoras e traballadores do servizo do guindastre, persoal do depósito, conductores e recepcionistas, aínda non cobraron a nómina do mes de marzo nin a paga de compensación social que, segundo convenio, debera abonárselles tamén en marzo” e engadiu, ” estamos a falar de preto de 2.400 euros que se lle adebedan a cada un dos traballadores e traballadoras do Servizo”. 

O BNG sinala que a xustificación empregada pola empresa para argumentar ditos impagos é que “non paga porque o Concello de Ourense non lle paga a ela”. Diante desta situación, Luís Seara reclámalle ao Goberno Jácome que aclare “cal é a razón de non terlle pagado aínda á empresa?. A qué agarda o Concello para abonar as cantidades pendentes para que poidan cobrar as traballadoras e os traballadores do Servizo?”.

Pero no BNG van máis alá, pois lembran que “chove sobre mollado. O Concello de Ourense converteuse no paraíso do pufo. Os proveedores tardan meses, cando non anos en cobrar, as empresas paran as obras por impagos, moitas traballadoras e traballadores do Concello levan meses sen cobrar as horas extras e así un longo etc”.

Pero a situación non remata ahí pois tal e como afirmou Luís Seara “as traballadoras e traballadores da ORA despedidos a 1 de xaneiro, levan tamén sen cobrar desde entón e a situación está lonxe de resolverse pois o pasado 23 de marzo aprazouse o xuízo por segunda vez”. 

“A primeira porque a empresa non aportou a documentación solicitada e a segunda porque non asistiu a representante da Consellaría ao esquecerse a Secretaria xudicial de citala polo que xa veremos como remata o conto, pois a empresa solicitoulle á autoridade laboral un ERTE, séndolle concecido un ERE. Por este motivo, o xuíz considera que non é competente para resolver e por iso remite todo ao TSXG. Que pode pasar? xa se verá, máis no hipotético caso de que a xustiza invalide o ERTE, cousa que non é descartable, nós preguntámonos e preguntámoslle ao Goberno Jácome, que vai facer o Concello?”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------