Nota do Bng de Cenlle sobre o peche do Centro de Saúde en Barbantes-Estación

O equipo de goberno do concello de Cenlle decidíu sen previo aviso e de forma totalmente unilateral pechar o Centro de Saúde situado en Barbantes-Estación. Para o Bloque Nacionalista Galego de Cenlle isto supón un auténtico despropósito, un atropelo sen o máis mínimo reparo no benestar, saúde e seguridade da veciñanza.

Esta decisión feita de xeito case clandestino é unha sucesión máis do desmantelamento progresivo do sistema sanitario no noso concello, tal e como xa acontecera co recorte de persoal sanitario, pasando de ter un médico en cada centro a ter un alternando en ámbolos dous.

AVANTAR ACTIVIDADES


A temeridade de levar a cabo esta decisión na metade nunha pandemia terá como consecuencia a acumulación de pacientes no único centro de saúde que queda no concello, aumentando o risco de propagación do Covid-19. Alén disto a atención sanitaria dificultaráselle a moitos veciños que non teñen medios de transporte público para poder achegarse ao Centro de Saúde.


Para o BNG tal neglixencia debe ser tomada en consideración posto que a súa repercusión pode ser gravísima.