O Encontro Literario de Ourense converte Carballiño nun trampolín para dar a coñecer a máis dunha trintena de escritores de todo o país

-Nas seis mesas de debate organizadas no Auditorio Manuel María e nomeadas cos puntos máis emblemáticos do concello como o Templo da Veracruz ou o Muíño das Lousas, os autores falaron das súas obras e dos seus próximos proxectos

-Oito blogueros tamén participaron no encontro, protagonizando un xogo no que demostraron os seus coñecementos sobre literatura

AVANTAR ACTIVIDADES

O Encontro Literario de Ourense, que se está a desenvolver hoxe no Auditorio Manuel María do Carballiño, consolídase como un trampolín no que se están dando a coñecer escritores de todo o país. Son máis dunha trintena os autores participantes nesta iniciativa cultural, á que tamén se suman blogueros, veciños, veciñas e visitantes que queren coñecer de primeira man as obras dos escritores e tamén os seus próximos proxectos. Se Harry Potter foi a temática do ano pasado, nesta edición do Encontro Literario de Ourense son protagonistas os espazos máis emblemáticos do concello. Así, no Auditorio organizáronse seis mesas de debate cos seguintes nomes: Balneario, Pulpo á feira, Muíño das Lousas, Templo da Veracruz, Parque Municipal e Pena dos Namorados.

O Encontro Literario de Ourense celebra hoxe a súa quinta edición facendo un guiño ao Carballiño, onde o Concello brinda a súa colaboración. Cristín Ferro, unha das organizadoras, recordou como xurdiu a iniciativa: “Púxenme en contacto con Lizzie Quintas e decidimos poñer en marcha este encontro, pola falta de iniciativas deste tipo que hai en Ourense”. O evento cultural consolídase non só na provincia, senón a nivel nacional.

O concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, destacou “o bo ambiente do encontro, que contou tamén cun concurso de pulsadores que tivo moito éxito”. Tamén destacou a “boa organización do evento, coas mesas que levaron os nomes de fermosos espazos do Carballiño, o que é un orgullo para o Concello”.

A programación comezou as 10.00 da mañá e desenvolverase ata a notiiña, con debates, xogos e os concertos de Jorge Cervantes e Sueños de Ítaca na Alameda.