O delegado territorial da Xunta Gabriel Alén participa no acto de homanaxe aos voluntarios da cruz vermella

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá no acto organizado pola Cruz Vermella para homenaxear ao voluntariado que nos últimos 14 meses traballou de forma incansable e xenerosa para frear e paliar as consecuencias da pandemia, especialmente coas persoas máis afectadas nesta crise social e sanitaria.

Publicidade

Como símbolo de agradecemento e recoñecemento, iluminarase de cor vermella a Ponte Romana, o Pazo Provincial da Deputación de Ourense e o edificio da Subdelegación do Goberno.