A organización do Belén Vivente de Dacón recaudará enseres para as familias afectadas polo incendio

O pasado luns, as lapas asolagaron unha vivenda en Dacón, deixando a dúas familias completas sen nada. Dende que se soubo a noticia, foron moitas as mostras de cariño que recibiron, pero tamén axuda. Ata o momento, xa se recaudaron tanto roupa como enseres do fogar para as dúas familias. A cantidade recolectada foi tanta que os Asuntos Sociais do concello de Maside tiveron que facerse cargo para axudar a xestionar toda a axuda.

A asociación que se encarga de preparar cada ano o Belén de Dacón tamén puxo da súa parte. Como a cita non se poderá celebrar como estaba prevista iniciou unha campaña de axuda para as familias afectadas. Mañá pola mañá, nas horas nas que se tería que celebrar este evento, encargaranse de facer unha recaudación solidaria. Estarán ubicados na Praza da Igrexa dende as 11:30 horas ata as 13:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES