O Carballiño segue a tendencia á baixa, chegando ós 109 casos activos de Covid-19

O Concello do Carballiño segue a tendencia á baixa en canto ao numero de persoas afectadas polo coronavirus. Hoxe o número de persoas contaxiadas, segundo informa Sanidade, é de 109, son 8 casos activos menos que onte.

A tendencia en canto a evolución da pandemia segue en bó camiño tras 9 días consecutivos de descenso en canto aos casos activos, debido a que se están a producir numerosas altas e diminúe tamén o contaxio diario.

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás segue na tendencia á baixa, cun bo rumbo no número de casos activos. Na xornada de hoxe  contan cunha persoa contaxiada menos, pasando dos 19 ós 18. Tamén notificando descenso de casos está o concello de Beariz, que pasa dos 5 de onte ós 3 de hoxe. Tamén é o caso do Irixo, que pasa dos 3 ós 2. E tamén San Cristovo de Cea baixa, dos 16 ós 15 casos. Aquí hai que seguir prestando atención á evolución dos contaxios no Centro da Terceira Idade.

Pola contra, mantéñense na mesma cifra Maside, con 3 casos; Piñor, con seis caso; Punxín, con 3 casos e San Amaro, con 2 casos.