O Carballiño segue no descenso de casos activos, con 13 menos na xornada de hoxe

IES CHAMOSO LAMAS

O Concello do Carballiño segue a tendencia á baixa en canto ao numero de persoas afectadas polo coronavirus. Hoxe o número de persoas contaxiadas, segundo informa Sanidade, é de 96, son 13 casos activos menos que onte.

A tendencia en canto a evolución da pandemia segue en bó camiño tras 10 días consecutivos de descenso en canto aos casos activos, debido a que se están a producir numerosas altas e diminúe tamén o contaxio diario.

HIPER MASIDE

No Asilo do Carballiño rexistrase un brote que afecta a 9 persoas, 6 usuarios e 3 traballadoras, todos eles asintomáticos  a espera dun novo cribado que se fixo esta mesma tarde.

Boborás mantense estable, na mesma cifra de onte, 18 casos activos. Seguen co mesmo número de casos activos tamén Beariz, con 3 casos; Irixo, con dous casos; Maside, con tres casos; Punxín, con tres casos; San Amaro, con dous casos e San Cristovo de Cea, con 15 casos. Sobe un caso Piñor, que pasa dos 6 ós 7 casos.

No caso de Cea temos que falar tamén da Residencia Nosa Señora da Saleta, que manten 9 casos activos, 7 usuarios e 2 traballadores.