O Delegado da Xunta reúnese co Alcalde de Toén

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o alcalde de Toén, Ricardo González, reuníronse esta mañá para revisar os investimentos e proxectos executados a través da colaboración entre ambas as dúas administracións, así como para analizar futuros proxectos.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta xuntanza enmárcase dentro da rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Alén Castro, logo da súa toma de posesión como representante do Goberno galego, está a levar a cabo co obxectivo de coñecer a realidade e as necesidades dos municipios ourensáns.

O delegado tivo a ocasión de analizar xunto ao rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de infraestruturas, abastecemento e deportivos, entre outros.

Ademais, na xuntanza fixeron un balance dos recentes investimentos realizados pola administración autonómica, tales coma a posta en marcha dunha aldea modelo en Trelle, a mellora de camiños municipais, acondicionamento do espazo público en Mugares, así como actuacións para a mellora das infraestruturas turísticas no concello.

Finalmente o rexedor agradeceu ao delegado este encontro e destacou o seu carácter municipalista, ao proceder dunha alcaldía dun pobo do rural, o que, na súa opinión, facilita o coñecemento das necesidades dos pequenos concellos.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------