O concello do Carballiño iniciou de xeito oficial a tramitación para a adaptación dos símbolos oficiais á normativa de heráldica de Galicia.

Según esta normativa, ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non foran aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia, sen perxuizo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias nesta materia a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, según establece o artículo 259 da Lei 5/1997, de administración local de Galicia.

No caso do Carballiño, o escudo que se veu utilizando ata agora non cumpre con esta normativa, e tampouco se conta con bandeira oficial, polo que é preciso proceder a súa subsanación.

Hai algún meses, a través do Intituto de Estudios Carballiñeses, xa se realizou unha xestión con integrantes da Comisión de Heráldica, que é a quen lle compete emitir informe vinculante nos procedementos de aprobación, modificación e rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras das entidades locais galegas. E por iso xa están adiantadas as propostas que dita comisión lle trasladará ao concello para a súa valoración e aprobación en sesión plenaria, e que, tras a solicitude oficial, poderanse recibir próximamente.