O Concello de Ribadavia é o que mais preocupa en canto a evolución do coronavirus na comarca do Ribeiro, que onte se establecía nos 63 e pasa hoxe ós 66. Castrelo de Miño segue con 10 casos activos; Avión con tres casos; Cenlle con 2 casos. Por outra banda, Leiro descende e contabiliza hoxe un só caso, igual que Arnoia e Carballeda de Avia. Beade, Cortegada e Melón non teñen ningún caso activo.