O Bng de Cenlle non entende as razóns polas que o SERGAS decide pechar o Centro de Saúde de Barbantes-Estación

Dende o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego en Cenlle non resultan aclaratorios nin coherentes os motivos polos que o SERGAS decide pechar o Centro de Saúde de Barbantes-Estación na súa totalidade durante a pandemia.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

Se ben a decisión de centralizar os casos positivos en instalacións mellor preparadas para a súa atención é comprensíbel, o feito de que tódolos pacientes, incluso aqueles que se someten a consultas periódicas ou rutinarias se vexan na obriga de pasar polo mesmo centro parécenos unha decisión contradictoria e, canto menos, imprudente.


Así pois o BNG solicita unha audiencia co Delegado Territorial da Xunta en Ourense para esclarecer tales motivacións, así como para coñecer cales van ser as medidas planificadas para o concello nesta pandemia e solicitar a reapertura do Centro de Saúde de Barbantes-Estación.