O Psdeg Psoe lamenta o voto do PP e contra dun servizo de prevención de incendios adecuado

. A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, lamentou hoxe o voto en conta do PP á proposta socialista para implantar un servizo de prevención de incendios “único, profesional, estable, formado e equipado” baixo o mando único do goberno galego. A responsable socialista presentou esta iniciativa parlamentaria reclamándolle á Xunta “cambios de fondo na política forestal, agraria e medioambiental”.

Rodríguez Dacosta considera “moi grave” o rexeitamento desta iniciativa “á vista do sucedido” cos incendios forestais deste verán, nos que arderon 44.234 hectáreas recoñecidas pola Xunta, afectando a 4 dos 6 parques naturais de Galicia, e rexistrando os dous maiores incendios dende que hai rexistros históricos. Criticou a “irresponsabilidade altísima” do PP e do goberno galego por negarse en redondo a tomar medidas para evitar que a situación se repita.

AVANTAR ACTIVIDADES

A responsable socialista alerta da situación de “descontrol, desastre e colapso”, segundo denuncian os propios efectivos, pola “falla de coordinación” no sistema de prevención de incendios responsabilidade da Xunta, que aprobou o Pladiga cunha “demora inxustificada”. Reivindicou un xiro na política forestal da Xunta “ante a insuficiente planificación e medidas preventivas, atacando as causas estruturais dos lumes forestais”.

Falla de medios

Criticou a “falla de medios humanos e materiais” para atallar a vaga de incendios e reclamou a “reformulación das brigadas municipais, contratadas de forma temporal, sen formación suficiente, sen xefes de brigada nin peóns suficientes e cunha coordinación deficiente por parte da Xunta”. Un persoal que a Xunta mantén en “precariedade extrema”, con brigadas “incompletas asumindo xornadas de máis de 12 horas” durante uns “absolutamente insuficientes” 6 meses ao ano.

A parlamentaria socialista levou ao Parlamento as demandas das organizacións sindicais, que reclaman a ampliación das funcións asociadas ao persoal, superando a limitación ao servizo de incendios forestais para incluír a súa competencia “dentro dun servizo de emerxencia no rural que permita a súa mobilización para calquera continxencia”.