O comercio do Carballiño únese á campaña Días Azuis

Dende a Federación de Comercio Galego realízase a campaña días azuis do comercio galego, que fomenta as compras no comercio de proximidade, premiando aos consumidores mediante un sorteo con tarxetas de 150€ e 300€ en toda Galicia cun reparto total de 16.200€.

A campaña levarase a cabo dende o día 9 ata o 30 de novembro. A asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, colabora na difusión da mesma, entregando o material e a información de dita campaña entre os seus asociados.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para poder participar, o único que hai que facer e compra nos negocios do Carballiño, rexistrar a compra na páxina web da campaña, www.diasazuis.com e gardar os tickets de compra.