O comité de expertos decidiu onte manter as medidas restritivas

O comité de expertos reuniuse na tarde de onte para avaliar a situación da pandemia. Polo de agora, as restricións seguen sendo as que se estableceron o pasado mércores, sen ningún cambio. As medidas vixentes manteñen o confinamento perimetral en 60 concellos e o peche da hostalaría. As sete cidades galegas e 53 concellos contan con mobilidade limitada dende o sábado. Estas medidas, segundo o presidente da Xunta, estarán en marcha un mes, aínda que serán revisadas semanalmente.

En Ourense, os municipios con restricións son a cidade, Amoeiro, Barbadás, Coles, Pereiro de Aguiar, San Cibrao, Toén, Carballiño, Verín e Xinzo de Limia.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Carballiño, a hostalaría está pechada dende xa fai varias semanas, a mobilidade reducida e restrinxidas as reunións con persoas non conviventes. Os datos do Carballiño amosan unha boa evolución día a día, igual ca en Ourense, aínda que dende a administración galega piden prudencia.