No Parlamento galego, o BNG preguntaralle á Xunta pola inexistencia de medidas preventivas no transporte público de Ourense

Para os nacionalistas, as últimas medidas adoptadas e as cales permiten unha ocupación do 100% dos asentos no transporte en autobús, non permite o mantemento da distancia interpersoal de seguridade de cando menos un metro e medio

Segundo denuncian desde o Grupo Parlamentar do BNG no Pazo do Hórreo, mediante Orde da Consellaría de Sanidade de 9 de novembro de 2020 (DOG núm.227) estableceuse que no transporte en autobús, tanto de carácter urbano coma interurbano, poderían ocuparse a totalidade dos asentos, debendo eso sí, manter a separación máxima entre persoas cando o nivel de ocupación o permita.

AVANTAR ACTIVIDADES

Segundo afirman os nacionalistas, a situación dos asentos na práctica totalidade dos vehículos destinados ao transporte de viaxeiros non permite a usuarias e usuarios, manter unha distancia interpersoal de cando menos un metro e medio. Tampouco a referida Orde reduce, antes ao contrario, a posibilidade de transmisión aérea do coronavirus, lembrando ademáis que non son poucos os expertos que alerta da propagación do virus por esta vía.

Toda vez que a medida foi aprobada para toda Galiza, prodúcese o paradoxo de que en cidades coma Ourense, nas que o elevado número de contaxios, o nivel de ocupación das UCIs ou de camas hospitalarias levaron a adopción de estritas medidas de prevención fronte a novos contaxios, poda rexer unha exclusión da medida no transporte colectivo. Extremo igualmente respeito ao transporte ferroviario no que igualmente estanse a obviar as medidas preventivas exixidas noutros ámbitos, converténdose nun eventual foco de transmisión do virus.

Por todo elo, desde o Grupo Parlamentar do BNG preguntaranlle á Xunta de Galiza se considera que de aumentarse as frecuencias e/ou o número de prazas e o incremento de vagóns nos vehículos de transporte colectivo de persoas reduciríanse as posibilidades de contaxio do Covid 19.

Tamén queren saber desde o Bloque se o Goberno Galego realizou algunha xestión ou adoptou algunha medida para que se producise ese incremento de frecuencias e/ou prazas, ou mesmo se existe algúnha razón ou criterio médico polo que as posibilidades de transmisión do virus en vehículos de transporte colectivo sexa inferior ás doutros espazos pechados e non ventilados por sistemas naturais.

No caso concreto de Ourense, o BNG quere saber se o Goberno Galego considera que a situación epidemiolóxica da cidade das Burgas, aconsella a relaxación das medidas de prevención no transporte colectivo de viaxeiros, plantexándose que o máis acaído sería incrementar as frecuencias dos vehículos ou, nos casos que, as características dos mesmos o permitan, a súa capacidade.

Por último, desde o Grupo Parlamentar do BNG no Parlamento Galego, pídenlle á Xunta de Galiza que realice as xestións que procedan para o incremento das frecuencias e prazas no transporte colectivo de persoas, tanto en percorridos urbanos como interurbanos que circulen polo Concello de Ourense.