Galicia sancionará con ata 3.000 euros a quen se negue a facer unha PCR

A Xunta de Galicia blindará por lei as súas competencias para ditar confinamentos, restricións sociais e multará economicamente a quen se negue a someterse a unha proba PCR. As sancións serán de ata 3.000 euros nos casos leves, pero con agravantes poderían chegar ata os 600.000 euros. Este mesmo sistema de sancións aplicarase a quenes se salten as limitacións de liberdade de circulación, o incumprimento de membros nunha reunión ou a distancia social.

A lei tamén pretende acabar co botellón, xa que vetará o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública con multas de ata 3.000 euros e ós establecementos que incumpran os horarios de apertura e o peche durante a crise sanitaria. Superar o aforo tamén será motivo de sanción, como a separación de mesas e persoas nunha terraza.

AVANTAR ACTIVIDADES