O Psdeg-Psoe de Ourense require ao concello a convocatoria extraordinaria das becas de material escolar e comedor e considera inadmisible as retriccións de exclusión
Os socialistas critican tamén a demora nas resolucións dado que dende o mes de setembro que comezou a escola xa pasaron tres meses nos que os pais e nais levan correndo cos gastos
Por outra banda, solicitan que haxa unha modificación das bases ao consideralas innecesariamente restrictivas e desfasadas coas circunstancias actuais
O PSdeG-PSOE de Ourense require ao Concello a realización dunha “convocatoria extraordinaria” das axudas para material escolar e comedor e considera “inadmisible” que, na situación na que nos atopamos, “máis da metade das solicitudes quedasen excluídas”. Os socialistas non comprenden cómo puideron quedar excluídas 722 nenas e nenos -423 de comedor y 229 de libros denegadas e solo 481 aceptadas – cando hai aprobada unha modificación orzamentaria de 400.000€ polo pleno municipal para levalo adiante e que todas teñan cabida polo que solicitan ao actual concelleiro, Telmo Ucha, que saque adiante de xeito “urxente” esa “convocatoria extraordinaria para os tempos extraordinarios” nos que nos atopamos.
A concelleira, Concepción García Lozano, solicita explicacións ao “microgoberno” para coñecer o motivo de “por qué non se realiza esa convocatoria” dado que, coas solicitudes aprobadas esta semana, “nin sequera se gasta a partida completa aprobada para tal fin” – 235.805 € dos cales 220.025 € van destinados a comedor dos anos 20/21 e os 15.780 € restantes para libros e material escolar- mentres o concelleiro “négase a dar resposta a esta problemática”. Deste xeito, non soamente no gastan toda a partida principal senón que tampouco “tramitan a modificación orzamentaria mentres máis de 700 cativos ourensáns non teñen a posibilidade de acceder ás axudas”, conclúe.
Os socialistas critican tamén a “demora nas resolución” xa que, dende o mes de setembro que comezou a escola, pasaron tres meses nos que “os pais e nais levan correndo cos gastos dunha axudas que ademais de chegar tarde resultan escasas e insuficientes”.
Por outra banda, solicitan que haxa unha modificación das bases ao consideralas “innecesariamente restrictivas e desfasadas” coas circunstancias actuais. Non podemos aceptar que nun momento de crise coma este se rexeiten solicitudes nas que te requiren que teñas unha renta per cápita inferior a 3.500€ -motivo principal polo que se excluiron as solicitudes e que supón que toda familia que obteña máis de 233 euros mensuais quede fora da admisión – feito que consideran un “agravante inadmisibile tanto con Covid como sen él”.