O concello remata a adxudicación de tres obras no municipio

O concello rematou o procedemento de adxudicación de tres obras,  que inclúen o acceso e aparcamento das piscinas municiais, a estrada de Mudelos a Caballeda e a pista de Pol a Zafra. O importe das adxudicacións supera os 92.000 euros.

Publicidade

O proxecto de mellora do acceso e aparcamento das piscinas municipais inclúe o acondicionamento e o asfaltado tanto o firme do camiño de acceso dende a ponte de Veiga como do aparcamento, enmárcase nos Plans Provinciais 2020, e foille adxudicado á empresa constructora Fechi por un importe de 27.442 euros, ive incluido. O prezo da licitación era de 36.000 euros.

Outro proxecto é a mellora do firme da estrada entre Mudelos e Paciños, ata a zona de Carballeda. O proxecto, que se enmarca tamén nos Plans Provinciais 2020, foille adxudicado asemade á empresa contructora Fechi por un importe de 45.090 euros, ive incluido. O prezo de licitación desta obra era de 60.000 euros.

Finalmente, o concello adxudicou á empresa constructora Vale a obra de mellora do firme da pista de Pol a Zafra, que se enmarca no Plan de Mellora de Camiños “Agader”, da Xunta de Galicia, por un importe de 27.442 euros, ive incluido. O prezo de licitación era de 36.000 euros.