A Marca Irixo presentou hoxe a súa páxina de venda online

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Irixo presentou esta mañá de xeito oficial a súa páxina web de venda online de produtos locais, unha iniciativa que puxeron en marcha este outono ca finalidade de poder facer chegar a súa marca e a súa produción a toda España de xeito sinxelo. A campaña ten coma eixo central este ano a castaña, pero dentro da súa tenda hai produtos de todo tipo, con posibilidade de comprar por lote tamén. O seu alcalde, Manuel Cerdeira, asegurou que o rural ten futuro, e que esta é unha das formas de amosalo. Quixo dar as grazas a todos os que apostaron por formar parte desta marca e á boa acollida que está a ter.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A técnica deste proxecto falou un pouco máis polo miúdo do que se pode atopar nesta páxina e da boa recepción que tivo dende a súa apertura onte, xa con pedidos en marcha.

Por último, o concello e Licores Paniagua asinaron un convenio de colaboración ca Marca O Irixo, para engadir este produto dentro da oferta local.