Espazo Común pide que se retome o Centro de Orientación Familiar

Os COF (Centros de Orientación Familiar) foron creados nos anos 80 co obxectivo de tratar de xeito integral ás familias, fose cal fose o seu modelo ou que pretendía selo. Dotáronse de  profesionais especializados  en xinecoloxía, administración, enfermería, traballo social e psicoloxía. Posteriormente, completaríanse dotándoos tamén de matronas.

Hai xa máis de unha década que o COF do Carballiño comezou o seu declive ó xubilarse o xinecólogo adscrito a el.  Hai arredor de 2 anos reduciron a atención ós veciños a unha sola vez á semana e neste último ano veu a sufrir o desmantelamento case total eliminando no mes de marzo, con motivo da COVID.

AVANTAR ACTIVIDADES

Espazo Común solicita que se esixa á Xunta e ó Sergas a restauración deste servizo e que se remita este acordo a todos os concellos dependentes do COF do Carballiño.