Os catro ximnasios do concello reabriron onte as súas portas

Os catro ximnasios do Carballiño recuperaron onte a súa actividade deportiva logo dun mes pechados. Este é un sector que se está vendo moi afectado polas restricións, pero tamén polo medo instaurado na sociedade. Dende xuño puideron abrir as súas portas, ata o novo peche perimetral e a difícil situación que atravesou o concello. José Manuel Soto, propietario do Ximnasio Olimpia, falounos da difícil situación que afronta o sector. Abriu as súas portas, aínda que non a pleno rendemento. A piscina olímpica coa que contan manterana pechada a causa do custe de mantemento que supón. Dende os ximnasios concordan en estes espazos son seguros e que o deporte é saúde.

Claudio Mateo, propietario do Ximnasio Madokoan, amosou en nome de todos a ilusión que teñen posta en volver a abrir. No seu caso, están especializados en artes marciais de contacto, que polo momento non se poden realizar.

AVANTAR ACTIVIDADES