O fotógrafo Brais Lorenzo gaña o XXXI Premio “Carracedo” de periodismo polo seu traballo gráfico sobre a pandemia

O xurado, en reunión telemática, ditaminou hoxe outorgar por unanimidade o galardón que concede a Deputación de Ourense á serie de fotografías sobre o drama social do COVID-19, “que achega unha mirada humana e de gran carga emocional, proxectando as historias da pandemia desde Ourense e Galicia ao resto do mundo”

Publicidade
Los trabajadores de la residencia San Carlos de Celanova celebran el cumpleaños de Elena Pérez, de 98 años, dos semanas después de haber superado el coronavirus. En esta residencia fallecieron nueve residentes y más de cuarenta dieron positivo en las pruebas de COVID-19. Las personas mayores han sido el grupo más vulnerable a la pandemia de coronavirus que ha sacudido a todo el planeta.

O fotógrafo ourensán Brais Lorenzo é o gañador do XXXI Premio de Periodismo “Xosé Aurelio Carracedo”, un certame que convoca anualmente a Deputación de Ourense para pór en valor o xornalismo de calidade que se fai en Galicia. O xurado, reunido hoxe por vía telemática, ditaminou outorgar por unanimidade o galardón á súa serie de fotografías sobre a pandemia do COVID-19, “que achega unha mirada humana e de gran carga emocional, proxectando as historias da pandemia desde Ourense e Galicia ao resto do mundo”, segundo sinala a acta.

O xurado salienta “a capacidade de Brais Lorenzo para identificar a iconografía da pandemia, elementos que, a través das fotos, se converten nunha referencia”, destacando tamén que as imaxes foron tomadas nos primeiros momentos da pandemia, “historias contadas cunha excelente calidade técnica e cunha mirada persoal que dotan a este traballo dunha singularidade especial”.

OU02// 08.05.20 //EFE GALICIA// Celanova (Ourense). La residencia de Celanova (Ourense) vuelve poco a poco a la normalidad. Fue el primer foco importante de Galicia y uno de los primeros centros de mayores en registrar contagios por el nuevo coronavirus. Tras semanas de gran tensión, las trabajadoras respiran aliviadas. Ha bajado la presión y empiezan a ver la luz al final del túnel. En la imagen, una trabajadora de la residencia San Carlos de Celanova le da el desayuno a Marina, de 93 años. Más de 40 residentes dieron positivo en coronavirus en esta residencia de mayores. Ourense//EFE//Brais Lorenzo

Tamén se destaca na acta a repercusión internacional que ten o traballo de Brais Lorenzo, “publicado en importantes medios de comunicación de Europa, América e Oceanía”, e sinala o feito de que este fotoxornalista “fose o primeiro en entrar nunha unidade de enfermos críticos de COVID-19, co que iso significa de anticipación e visión do máis puro sentido xornalístico”.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, felicitou a Brais Lorenzo salientando que o seu nome “únese á nómina de destacados xornalistas e fotógrafos que desde fai tres décadas veñen engrandecendo o Premio “Xosé Aurelio Carracedo”, certame de referencia no xornalismo galego”. A entrega do galardón, dotado con 3.000 euros e diploma, terá lugar o vindeiro luns, 3 de maio, Día Internacional da Liberdade de Prensa, no Pazo Provincial. O certame, que nesta edición chega á súa 31ª convocatoria, foi instaurado para honrar a memoria do xornalista ourensán que lle da nome ao premio, Xosé Aurelio Carracedo, falecido en 1988.

Soldados de la Brilat desinfectan la capilla de la residencia de ancianos Nosa Señora dos Anxos, en Ribadavia, Ourense, durante el estado de alarma por la pandemia de coronavirus. Varios residentes murieron en esta residencia y más de treinta dieron positivo en las pruebas de COVID-19. El ejército español colaboró en las labores de desinfección de las residencias de ancianos en los momentos más duros de la pandemia. Brilat soldiers disinfect the chapel of Nosa Señora dos Anxos nursing home, Ribadavia, Ourense, during the state of alarm due to the coronavirus pandemic. Several residents died at this residence and more than thirthy tested positive for COVID-19. The Spanish army assisted with disinfection work in nursing homes during the toughest moments of the pandemic.

O xurado, presidido pola deputada provincial de Cultura, Patricia Torres Madureira, estivo integrado por Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela; Emma Torres Romay, decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra; Luis Menéndez Villalba, en representación da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), e Abelardo Vázquez Pita, xornalista, en representación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, actuando como secretario o asesor de Comunicación da Deputación de Ourense, Fernando Rodríguez Méndez.

Brais Lorenzo (Ourense, 1986), é técnico superior de Fotografía pola Escola de Arte Superior e Deseño “Antonio Faílde” de Ourense e graduado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo. Desde 2010 traballa como colaborador da Axencia EFE e do periódico Faro de Vigo. Ten realizado fotografías para medios de comunicación como El País, El Mundo, La Vanguardia, ABC, Público, La Marea, Nós Diario, Revista Luzes, The Guardian e axencias como AFP e AP. Asemade, traballou con ONGs como Greenpeace e colabora coa Cruz Vermella en Ourense. Os seus traballos foron incluídos en diversas exposicións fotográficas en España, Etiopía, Portugal, Italia, Estados Unidos e Corea do Sur, e foi recoñecido con numerosos premios nacionais e internacionais como o SINIF de fotografía firepress, o News Photo Award, e o Sony World Photography Awards, entre outros.